Skip to main content
Folgoso do CourelPedrafita

Licitada a última fase das obras da estrada entre Pedrafita e Seoane do Courel

Por 4 Maio, 2022Sin comentarios

A Deputación vén de licitar en 285.000 euros o último tramo que completará a renovación da LU-P-1301, que une Pedrafita con Seoane do Courel. O Presidente do Executivo provincial, José Tomé, cumpre así o compromiso adquirido coa veciñanza.

Así a Xunta de Goberno aprobou esta licitación que afectará a este treito, unhas obras que contan cun prazo de execución de 6 meses.

As obras consistirán no ensanche da vía, axustándose ás características do territorio como parte da Rede Natura 2000. Ademáis, o proxecto contempla outras actuacións como afirmado, pavimentación e sinalización, así como a colocación de balizas de nece e barreiras de seguridade.

Estas actuacións integran a fase final das obras de rehabilitación dos 6 quilómetros que quedaban pendentes nesta estrada entre Pedrafita e Seoane. Súmanse ademáis ás xa rematadas entre os puntos quilométricos 10,700 e o 12,591 e ás que comezarán previsiblemente este mes no tramo que vai desde o 8,670 e o 10,700.

José Tomé destacou que a Deputación destinou en total preto de un millón de euros nesta estrada cumprindo coa súa palabra de arranxar os quilómetros que quedaban pendentes para a súa rehabilitación completa.

O Presidente recalcou a importancia desta actuación para o conxunto da Montaña, “porque esta estrada é moi empregada pola veciñanza e contribuirá a avanzar cara o equilibrio territorial, imprescindible para o futuro do rural”.