Skip to main content
Uncategorized @gl

Baixan os contaxios de covid nunha xornada con tres novos falecidos

Por 7 Maio, 2022Maio 10th, 2022Sin comentarios

Os datos da covid A hospitalización volven estar á baixa en todos os valores agás nas defucións xa que suma tres novos falecidos nunha xornada.

Así, hoxe hai 2.592 casos, 64 menos que onte, con 207 novos contaxios en 24 horas e 269 altas no mesmo período.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 65.280 casos rexistrados e 342 persoas falecidas, tres máis que onte.

A presión hospitalaria cae de novo. Queda un ingresado na UCI, de Burela, (2 menos). E en planta hai 62 enfermos (16 menos), 44 están no de Lugo (13 menos), 12 na Mariña e 6 en Monforte (3 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Nova xornada con caída xeralizada de contaxios pero cun gromo en Quiroga, na que se suman 26 casos. Entre os concellos con descensos importante destaca Lugo, novamente, con 42 menos.

Só queda un concello limpo de covid, cando onte había 3, e son 27 os que teñen menos de dez casos (3 máis).

A Mariña

  • Barreiros: 12 (1 máis).
  • Burela: 28 (8 menos).
  • Cervo: 21 (1 menos).
  • Foz: 24 (8 menos).
  • Lourenzá: 11.
  • Mondoñedo: 26 (3 máis).
  • O Vicedo: 11.
  • Ribadeo: 36 (1 máis).
  • Trabada: 10 (4 menos).
  • Viveiro: 45 (1 máis).
  • Xove: 12 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Ourol, O Valadouro e Riotorto.

Terra Chá

  • Abadín: 10 (2 menos).
  • As Pontes: 37 (3 menos).
  • Castro de Rei: 15 (2 máis).
  • Cospeito: 15.
  • Guitiriz: 21 (6 máis).
  • Outeiro de Rei: 26 (1 máis).
  • Pol: 21.
  • Vilalba: 34 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pastoriza, Begonte, Friol, Meira, Muras, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 14.
  • O Incio: 15 (1 menos).
  • Paradela: 25 (1 menos).
  • Sarria: 43 (1 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: O Páramo, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 41 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 18.
  • Baleira: 11 (3 menos).
  • Guntín: 11.
  • Lugo: 414 (42 menos).
  • Navia de Suarna: 10.
  • Monterroso: 19 (2 menos).
  • O Corgo: 13 (2 menos).
  • Palas de Rei: 27 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Portomarín, Pedrafita e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 16 (3 máis).
  • Chantada: 20 (2 menos).
  • Monforte: 70 (14 menos).
  • O Saviñao: 12 (1 máis).
  • Pantón: 28 (2 máis).
  • Quiroga: 58 (26 máis).
  • Sober: 10.
  • Taboada: 25 (8 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.