Skip to main content
Uncategorized @gl

A fin de semana trouxo unha nova caída de casos e as UCIs baleiras

Por 10 Maio, 2022Sin comentarios

Continúa a caída de casos de covid situando á provincia no límite dos 2.000. Tamén descende a hospitalización e as altas continúan elevadas para compensar os novos contaxios.

Así, hoxe hai 2.051 casos, 148 menos que onte, con 167 novos contaxios nas últimas 24 horas e 307 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 65.619 casos rexistrados e 343 persoas falecidas (1 máis).

A presión hospitalaria mellora coas UCI baleiras un día máis En planta hai 76 enfermos (4 menos), 56 están no de Lugo (4 menos), 11 na Mariña e 9 en Monforte.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Caída xeralizada de casos, agás na Ribeira Sacra, onde continúa unha lenta subida.

Hai 3 concellos limpos de covid, cando onte había 2, e son 33 os que teñen menos de dez casos (5 máis).

A Mariña

  • Barreiros: 14 (2 máis).
  • Burela: 17 (4 menos).
  • Cervo: 20.
  • Foz: 20 (1 menos).
  • Lourenzá: 11 (2 menos).
  • Mondoñedo: 32 (1 máis).
  • Ribadeo: 28 (3 menos).
  • Trabada: 10.
  • Viveiro: 39 (3 menos).
  • Xove: 12 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Ourol, O Valadouro, O Vicedo e Riotorto.

Terra Chá

  • As Pontes: 35 (2 menos).
  • Castro de Rei: 22 (1 máis).
  • Guitiriz: 18 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 22.
  • Vilalba: 34 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 12 (2 menos).
  • O Incio: 11 (2 menos).
  • Sarria: 44 (4 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: O Páramo, Paradela e Samos.
  • Sen casos novos nunha semana: Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 44 (3 máis).
  • Antas de Ulla: 17 (2 menos).
  • Becerreá: 12 (1 máis).
  • Guntín: 14 (3 máis).
  • Lugo: 371 (15 menos).
  • Navia de Suarna: 11.
  • O Corgo: 13.
  • Palas de Rei: 18 (6 menos).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Baralla, Castroverde, Cervantes, Monterroso, Pedrafita e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Portomarín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 20 (3 menos).
  • Monforte: 68 (5 máis).
  • O Saviñao: 10.
  • Pantón: 25.
  • Quiroga: 65 (9 máis).
  • Taboada: 23 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Sober.