Skip to main content
Uncategorized @gl

Caída de casos activos e da hospitalización e dous novos falecidos

Por 14 Maio, 2022Maio 16th, 2022Sin comentarios

A provincia encara a fin de semana cunha caída de casos activos e da hospitalización ademais da contabilización de dous novos falecidos con covid.

Así, hoxe hai 2.000 casos, 137 menos que onte, con 144 novos contaxios nas últimas 24 horas e 276 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 66.319 casos rexistrados e 348 persoas falecidas (2 máis).

A presión hospitalaria cae de novo. As UCI volven quedar baleiras e en planta hai 50 enfermos (17 menos), 37 están no de Lugo (15 menos), 5 na Mariña (2 menos) e 7 en Monforte.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Caída xeralizada de casos con dous cambios bruscos que se compensan. Monforte suma 12 novos mentres que Quiroga baixa 28.

Xa son dous os concellos limpos de covid, onte era 1. Tamén mantense alto o número de concellos con menos de 10 casos: 41, os mesmos que onte.

A Mariña

  • A Pontenova: 10.
  • Barreiros: 17 (1 menos).
  • Cervo: 14 (2 menos).
  • Foz: 15.
  • Mondoñedo: 26 (4 menos).
  • Ribadeo: 17 (1 menos).
  • Viveiro: 23 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Burela, Lourenzá, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto e Xove.
  • Unha semana sen casos: Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 13 (1 máis).
  • As Pontes: 26 (1 menos).
  • Castro de Rei: 25.
  • Guitiriz: 15 (9 menos).
  • Outeiro de Rei: 16 (2 menos).
  • Vilalba: 41 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 10.
  • Sarria: 41 (1 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 22 (4 menos).
  • Castroverde: 12.
  • Guntín: 11 (3 menos).
  • Lugo: 312 (2 máis).
  • O Corgo: 13.
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 25 (4 máis).
  • Monforte: 82 (12 máis).
  • O Saviñao: 13.
  • Pantón: 12 (3 menos).
  • Quiroga: 49 (28 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Sober e Taboada.