Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid estabilízase por debaixo dos 1.500 casos activos

Por 20 Maio, 2022Sin comentarios

O virus mantense medianamente estable por debaixo dos 1500 casos activos nunha xornada na que destaca un novo falecemento así como un novo ingreso en UCI.

Así, hoxe hai 1.499 casos, 52 máis que onte, con 130 novos contaxios nas últimas 24 horas e 79 altas no mesmo período.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 66.925 casos rexistrados e 349 persoas falecidas (1 máis que onte).

A presión hospitalaria baixa. Volve haber un ingresado na UCI do Hula e en planta hai 53 enfermos (9 menos), 41 están no de Lugo (5 menos), 6 na Mariña (1 menos), 5 en Monforte (3 menos) e 1 no Polusa.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

O único movemento importante de casos é en Lugo, que baixan 16, o resto mantense bastante estable.

Seguen sendo 6 os concellos limpos de covid. En total son 18 concellos os que teñen por riba de dez casos de covid, 2 máis que onte.

A Mariña

  • Barreiros: 15.
  • Burela: 26 (1 menos).
  • Cervo: 11.
  • Foz: 13.
  • Ribadeo: 16 (1 menos).
  • Viveiro: 12 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 11.
  • As Pontes: 249 (5 máis).
  • Castro de Rei: 23.
  • Vilalba: 28 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol e Xermade.
  • Unha semana sen casos: Friol e Rábade.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 21 (4 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
  • Unha semana sen casos: O Incio.

Centro da provincia

  • Castroverde: 10.
  • Lugo: 269 (16 menos).
  • O Corgo: 12 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Monterroso e Pedrafita.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 10 (1 menos).
  • Chantada: 20 (3 menos).
  • Monforte: 57 (3 menos).
  • O Saviñao: 16 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.