Skip to main content
Uncategorized @gl

Caen os casos activos con menos hospitalización e as UCI de novo baleiras

Por 25 Maio, 2022Sin comentarios

A covid continúa en retroceso tanto en número de casos activos como na hospitalización.

Así, hoxe hai 1.038 casos, 54 menos que onte, con 118 novos contaxios nas últimas 24 horas e 172 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.350 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue a baixar lentamente. A UCI do Hula volve quedar baleira e en planta hai 37 enfermos (4 menos), 26 están no de Lugo (4 menos), 4 na Mariña (1 menos), 6 en Monforte (1 máis) e 1 no Polusa.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Lugo ten movementos destacados por segunda xornada consecutiva, con 15 casos máis mentres Burela baixa 10. O resto con poucos cambios.

Os concellos limpos e covid son 5, cando onte eran 6. En total son 14 os concellos os que teñen por riba de dez casos de covid, 2 máis que onte.

A Mariña

  • Barreiros: 16 (3 máis).
  • Burela: 24 (10 menos).
  • Foz: 16 (1 máis).
  • Ribadeo: 12.
  • Viveiro: 16 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.
  • Unha semana sen casos: Ourol.

Terra Chá

  • As Pontes: 21 (4 menos).
  • Castro de Rei: 19.
  • Outeiro de Rei: 15 (3 máis).
  • Vilalba: 22 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • O Páramo: 10.
  • Sarria: 20 (4 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, Paradela e Samos.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 263 (15 máis).
  • O Corgo: 10.
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 13 (1 máis).
  • Monforte: 43 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.