Skip to main content
Uncategorized @gl

Pequeno repunte de covid debido á escaseza de altas

Por 27 Maio, 2022Sin comentarios

A provincia encara a finde semana cunha pequena subida de casos activos debido á escaseza de altas e un novo ingreso na UCI.

Así, hoxe hai 1.064 casos, 46 máis que onte, con 91 novos contaxios nas últimas 24 horas e 51 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.519 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense. A UCI do Hula suma un novo paciente, e xa son 2, e en planta hai 30 enfermos (1 menos), 17 están no de Lugo (3 menos), 4 na Mariña, 9 en Monforte (3 máis) e o Polusa quedan sen enfermos.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Sen caídas nen subidas bruscas, os concellos limpos e covid son 7 e 13 deles teñen por riba de dez casos de covid.

A Mariña

  • Burela: 20 (1 máis).
  • Foz: 16 (2 menos).
  • Ribadeo: 10 (3 menos).
  • Viveiro: 14 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.
  • Unha semana sen casos: Ourol.

Terra Chá

  • As Pontes: 14 (11 menos).
  • Castro de Rei: 12 (4 menos).
  • Outeiro de Rei: 15 (2 menos).
  • Vilalba: 20 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Pol, Rábade e Xermade.
  • Unha semana sen casos: Muras.

Comarca de Sarria

  • O Páramo: 10.
  • Sarria: 16 (3 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, Paradela e Samos.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 227 (4 menos).
  • O Corgo: 10 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Baralla.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 10 (3 menos).
  • Monforte: 45.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.