Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid estabilízase nos mil casos activos e por debaixo do centenar de contaxios novos diarios

Por 28 Maio, 2022Maio 30th, 2022Sin comentarios

A situación na provincia estabilízase nos mil casos activos cun recrudecemento da hospitalización co aumento de novo de enfermos en UCI.

Así, hoxe hai 1.037 casos, 27 menos que onte, con 78 novos contaxios nas últimas 24 horas e 103 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.595 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria recrudécese con 3 pacientes na UCI do Hula (1 máis)  e en planta hai 28 enfermos (2 menos), 16 están no de Lugo (1 menos), 4 na Mariña e 8 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Caída destacada en Lugo, con 12 casos menos nunha xornada á baixa. Os concellos limpos de covid son 9, 2 máis que onte, e só 12 máis teñen por riba de dez casos de covid (1 menos).

A Mariña

  • Burela: 17 (3 menos).
  • Foz: 12 (4 menos).
  • Ribadeo: 10.
  • Viveiro: 12 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • As Pontes: 15 (1 máis).
  • Castro de Rei: 10 (2 menos).
  • Outeiro de Rei: 13 (2 menos).
  • Vilalba: 20.
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Pol, Rábade e Xermade.
  • Unha semana sen casos: Muras.

Comarca de Sarria

  • O Páramo: 10.
  • Sarria: 12 (4 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, Paradela e Samos.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 215 (12 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, Baleira, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: A Fonsagrada, As Nogais, Navia de Suarna e Baralla.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 38 (7 menos).
  • O Saviñao: 10.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.