Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid baixa dos mil casos activos na provincia

Por 30 Maio, 2022Sin comentarios

A covid reduce por primeira vez nos últimos meses a súa incidencia por debaixo dos mil casos activos aínda que a hospitalización segue en aumento.

Así, hoxe hai 917 casos, 120 menos que sábado, con 68 novos contaxios nas últimas 24 horas e 245 altas en dous días.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.720 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue sendo elevada con 3 pacientes na UCI do Hula e en planta hai 36 enfermos (8 máis), 25 están no de Lugo (9 máis), 1 na Mariña (3 menos) e 10 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Caída de casos xeralizada onde destaca pola contra a subida de Monforte con 10 casos máis.

Os concellos limpos de covid son 9, e só 11 máis teñen por riba de dez casos de covid (1 menos).

A Mariña

  • Burela: 13 (4 menos).
  • Foz: 14 (2 menos).
  • Ribadeo: 10.
  • Viveiro: 13 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • As Pontes: 18 (3 máis).
  • Guitiriz: 13.
  • Outeiro de Rei: 16 (3 máis).
  • Vilalba: 19 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Meira, Pol, Rábade e Xermade.
  • Unha semana sen casos: Muras.

Comarca de Sarria

  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Sarria.
  • Quince días sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 213 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: A Fonsagrada, Baralla, Navia de Suarna e Palas de Rei.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Chantada. 10.
  • Monforte: 48 (10 máis).
  • O Saviñao: 11 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.