Aberta a inscrición na VI carreira Burela Bonita

AMariñaXa
Aberto o prazo de inscrición para participar na quinta edición da carreira nocturna Burela Bonita, que se celebrará o día 31 de xullo
VI Carreira Burela Bonita 1
VI Carreira Burela Bonita 1
3 jun 2022

A Concellería de Deportes de Burela anunciou que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na sexta edición da carreira popular Burela Bonita, que se celebrará o día 30 de xullo. O único percorrido neste 2021 será de 5 quilómetros e o número máximo de participantes de 300. 

A partir das 19.00 horas e sobre un circuíto de 100 metros para Pícaros, 650 para Benxamíns, 1.200 alevíns, 1.799 Infantís e cadetes e 5.000 para a competición para a categoría Absoluta.

A proba disputarase sobre un percorrido moi rápido de 5.000 metros, totalmente urbanos, polas rúas de Burela, con saída e meta na praza da Mariña, Burela. O tempo máximo para percorrer os 5.000 m será de 50 minutos.

A inscrición estará limitada a 300 corredores para a carreira Absoluta, 100 corredores para a carreira Pícaros, 100 corredores para a carreira Benxamíns, 100 corredores para a carreira Alevín, 100 corredores para a carreira Infantil e Cadete. As inscricións xa están abertas e poderán realizarse en liña ata o mércores 27 de xullo ás 23.59 horas.

Haberá trofeos aos tres primeiros clasificados masculino e feminino de todas as categorías excepto para os pícaros que levarán medallas. Ademais todos os corredores levarán de agasallo unha camiseta conmemorativa e avituallamento ao finalaizar a proba.