Skip to main content
Uncategorized @gl

Pequeno repunte da covid pola escaseza de altas

Por 2 Xuño, 2022Sin comentarios

A covid experimenta un pequeno repunte de casos activos trala caída de altas e a hospitalización segue caende nesta xornada de xoves.

Así, hoxe hai 923 casos, 18 máis que onte, con 90 novos contaxios nas últimas 24 horas e 71 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.993 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue sendo elevada pero cae, con 2 pacientes na UCI do Hula e en planta 30 enfermos (5 menos), 22 están no de Lugo (2 menos), 2 na Mariña e 6 en Monforte (3 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Caen a 9 os concellos limps de covid, cando onte eran 12, e ademais, só 10 teñen por riba dos dez casos de covid (1 menos).

A Mariña

  • Foz: 12 (1 menos).
  • Ribadeo: 10 (1 menos).
  • Viveiro: 17.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, Riotorto, Trabada e Xove.
  • Unha semana sen casos: O Vicedo.

Terra Chá

  • As Pontes: 14 (4 menos).
  • Guitiriz: 15 (4 máis).
  • Outeiro de Rei: 15 (1 menos).
  • Vilalba: 21 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
  • Unha semana sen casos: A Pastoriza e Meira.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 14 (1 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela e Triacastela.
  • Unha semana sen casos: Samos.

Centro da provincia

  • Lugo: 207.
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna.
  • Quince días sen casos: Baralla, Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 43 (7 menos).
  • O Saviñao: 12.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Ribas de Sil.