Skip to main content
Uncategorized @gl

Comeza a semana cunha caída de casos covid na provincia

Por 6 Xuño, 2022Xuño 7th, 2022Sin comentarios

A covid segue a baixar un novo luns e trala pausa de actuacións que fai a Xunta de Galicia.

Así, hoxe hai 850 casos, 89 menos que hai dous días, con 53 novos contaxios nas últimas 24 horas e 183 altas dende o sábado.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 68.251 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria aumenta de novo. Na UCI do Hula hai 4 pacientes (1 máis) e en planta son 41 enfermos (7 máis), 30 están no de Lugo (5 máis), 4 na Mariña (1 máis) e 7 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Os concellos continúan reducindo a presenza do virus. Seguen 6 limpos de covid e 9 por riba dos dez casos de covid (1 menos).

A Mariña

  • Ribadeo: 11 (2 menos).
  • Viveiro: 23 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto e Xove.
  • Unha semana sen casos: Trabada.

Terra Chá

  • As Pontes: 12 (3 menos).
  • Outeiro de Rei: 14 (3 menos).
  • Vilalba: 18 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 18 (3 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 183 (14 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.
  • Unha semana sen casos:  Cervantes e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 31 (7 menos).
  • Pantón: 10.
  • Taboada: 13 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Quiroga, Sober.
  • Unha semana sen casos: Carballedo, Ribas de Sil.