Skip to main content
Uncategorized @gl

Caen os casos activos de covid pero a hospitalización segue elevada

Por 7 Xuño, 2022Sin comentarios

A covid continúa por debaixo dos mil casos activos e coa hospitalización en valores elevados.

Así, hoxe hai 871 casos, 12 máis que onte, con 84 novos contaxios nas últimas 24 horas e 61 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 68.334 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria aumenta de novo. Na UCI do Hula hai 3 pacientes (1 menos) e en planta son 44 enfermos (3 máis), 33 están no de Lugo (3 máis), 4 na Mariña e 7 en Monforte.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Actualmente hai 5 concellos limpos de covid (1 menos) e só 8 por riba dos dez casos de covid (1 menos).

A Mariña

  • Viveiro: 17 (6 menos).
  • Xove: 10.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • As Pontes: 12.
  • Outeiro de Rei: 14.
  • Vilalba: 17 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
  • Sen casos nunha semana: Friol.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 19 (1 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 178 (5 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 30 (1 menos).
  • Taboada: 13.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Sober.
  • Unha semana sen casos: Carballedo, Ribas de Sil.