O libro A Super_Acción de Mauricio chega ao Concello de VIveiro

AMariñaXa
O libro A Super_Acción de Mauricio normaliza as enfermidades mentais co mundo mariño e está creado pola Asociación de Saúde Mental A Mariña
viveiro alcaldesa asociacion saude mental bo traballo
viveiro alcaldesa asociacion saude mental bo traballo
7 jul 2022

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu a representantes da Asociación Saúde Mental A Mariña. O grupo entregoulle á rexedora un exemplar do libro “A Super_Acción de Mauricio”, elaborado pola propia asociación e dirixido á infancia.  

O libro busca que o lector/a coñeza a realidade das persoas que sofren algún tipo de enfermidade mental, co obxectivo de sensibilizar sobre este tipo de doenzas e eliminar os estigmas existentes sobre este colectivo.

A Asociación Saúde Mental A Mariña conta cun centro na vila de Viveiro, destinado á rehabilitación psicosocial e laboral, que abriu as súas portas este ano. Ademais, o Concello de Viveiro ten previsto firmar axiña un convenio de colaboración coa entidade. 

“Esta asociación realiza un labor fundamental na comarca, reivindicando á saúde mental e apoiando aos doentes e ás súas familias. Por iso, dende o Concello seguiremos comprometidos co seu esforzo respecto ás enfermidades mentais, que a miúdo carecen de tanta visibilidade”, explica María Loureiro. 

Nace co obxectivo de normalizar o padecemento dunha enfermidade mental e eliminar prexuízos ao mesmo tempo que se enxalza o mundo mariño e a calidade dos seus produtos.  “É a posta en valor do noso mar como o escenario perfecto para sensibilizar sobre os coidados que precisa a nosa mente e abordar un tema considerado aínda tabú que é preciso visibilizar”, destacou Rosa Quintana.