Os Amigos da Maruxaina, de Cervo, organiza para o xoves unha mexillonada

AMariñaXa
A Asociación Amigos da Maruxaina organiza para o xove 14 de xullo unha mexillonada popular para todos os veciños que se queiran achegar.
mexillonada san cibrao 2022 1
mexillonada san cibrao 2022 1
11 jul 2022

A Asociación Amigos da Maruxaina organiza para o xoves 14 de xullo unha mexillonada popular para todos os veciños que se queiran achegar.

Esta cita gastronómica será na praza dos Campos ás 20.00 horas e nela tamén colabora o Concello de Cervo.

O Concello de Cervo ten unha longa de tradición no mexillón pois anualmente celebra a Festa do Mexillón no que os locais de hostalaría ofrecerán unha ampla degustación de tapas deste molusco.

Este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á vila e sempre son un reclamo para atraer visitantes, ofrecendo un produto do mar e con tantas posibles receitas.