Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Mondoñedo acolle a terceira edición do Merlín Fest

Por 8 Xullo, 2022Agosto 6th, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo acollerá a terceira edición do Merlín Fest que volve contar cunha programación cultural e de lecer para todos os gustos.

Esta cita arrincará este sábado 9 ás 23.00 horas con Dani Royo e a súa banda: Tributo a Antonio Flores na praza do Concello, e continuará o sábado 16 ás 23.00 horas con Toxo Guayaba na praza de San Xoán.

O seguinte sábado poderase desfrutar, tamén ás 23.00 horas, de Fransy, Davide e Cibrán na praza da Catedral. E o domingo 24 na praza Muíños de Arriba será a actuación do Dúo Zafiro ás 14.00 horas  e pola noite, ás 22.30 horas, será a quenda de Alex Barreira & Belén Ramos.

Para rematar xullo, Miss Lane anda The Kryptonias deleitarán ao público no cruce das rúas Bispo Sarmiento e A. Baamonde ás 23.00 horas.

Durante o mes de agosto, ao Merlín Fest volverán Alex Barreira & Belén Ramos o venres 5 á Fonte Vella e Tina & Joe á praza do Concello, ambos ás 23.00 horas