Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Ribadeo acollerá un obradoiro de percusión africana

Por 26 Xullo, 2022Xullo 30th, 2022Sin comentarios

O Concello de Ribadeo acolle o vindeiro sábado 30 de xullo un obradoiro de percusión africana a cargo do grupo Mapato.

Esta cita musical será no auditorio de Cabanela ás 19.00 horas e para participar será necesario apuntarse por Whatsapp no número 664 812 654.

Máis tarde, ás 2.30 horas, soarán os ritmos africanos nos tambores de Thorsten e Paz.

Dende a organización lembran que non é necesario levar instrumento para participar nin ter coñecementos previos.