O Valadouro pon en marcha unha serie de roteiros interpretativos

AMariñaXa
O Concello do Valadouro puxo en marcha unha serie de roteiros interpretativos que están limitados a 20 persoas máximo
rutas guiadas xistral valadouro 1
rutas guiadas xistral valadouro 1
19 ago 2022

O Concello do Valadouro puxo en marcha unha serie de roteiros interpretativos que están limitados a 20 persoas máximo e son gratuitos, xa que se trata dun sendeirismo que combina o coñecemento da natureza co cultural e histórico conseguindo unha experiencia máis completa para o senderista.

Se todas as prazas están cubertas abrirase unha lista de reserva no caso de que alguén se borre chamásese por orde de inscrición. As persoas menores de idade deberán ir acompañadas dun adulto que se faga responsable.

Para inscribirse débese cubrir o formulario e envialo a turismo@valadouro.gal indicando no asunto Rutas Guiadas.

O primeiro deles será este sábado 20 de agosto, a ruta dos Pozos, de 3 horas e 30 minutos aproximadamente e de dificultade baixa. A seguinte, a ruta da fraga da furna, será o 26 de agosto e serán 2 horas e 30 minutos aproximadamente.

Xa en setembro será a ruta dolmen e prado das chantas 2 horas e 30 minutos e de alta intensidade e o día 6 será a ruta de formacións rochososas picos do Valadouro, tamén de intensidade alta e de 3 horas e 30 minutos.

rutas guiadas xistral valadouro