Skip to main content
Axenda Caducada

Nova programación de tardeos e noiteos para o mes de agosto

Por 1 Agosto, 2022Sin comentarios

Hoxe da comenzo a programación de tardeos e noiteos do mes agosto enmarcado dentro da iniciativa municipal Localmente Lucense. Unha proposto que chega a todos os barrios da cidade e está pensada para todas as idades que ten como obxetivo dinamizar as rúas e os barrios así como impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local.

Os tardeos terán lugar de 17:00 a 20:00 e están formados por un pasarrúas con carriño musical, unha actividade infantil e unha sesión dj. De 21:00 a 23:00 terán lugar os noiteos que constarán dunha actividade (espectáculo ou actuación musical) variada co obxectivo de chegar á maior parte da poboación: maxia, monólogos, recitais de poesía, música en directo…

Programación para esta semana:

Luns 1 agosto:

  • Tardeo na praza Roxa de Fingoi: Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Mr Fishman
  • Noiteo na praza da Soidade coa actuación musical de Wicked World

Mércores 3 agosto:

  • Tardeo no parque Sagrado Corazón con Funny Photocall e DJ Lanneti Jr.
  • Noiteo na rúa Divina Pastora coa actuación musical con Mustélidos

Venres 5 agosto:

  • Tardeo na praza Anxo Fernández Gómez cun xogo de palas:Spiribol Challenge e DJ Marcos Peón.
  • Noiteo na Fonte dos Ranchos coa actuación musical de ¿Pero cómo que Señor?

Sábado 6 agosto:

  • Noiteo na rúa Rafael de Vega coa actuación musical de GreenBook