Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada acolle este sábado o programa Saborea a túa Provincia

Por 26 Agosto, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Chega este sábado ao Concello da Fonsagrada o programa gastronómico e lúdico Saborea a túa provincia, posto en marcha pola Deputación de Lugo co obxectivo de promocionar e incentivar o consumo dos produtos locais de calidade e dinamizar a economía dos municipios para acelerar a recuperación tras a pandemia.

As actividades, todas elas de balde, desenvolveranse na praza do Concello dende as 12.30 comezando  coa apertura e unha actuación de Illa Pancha. Ás 12.30 haberá un obradoiro de cociña dirixidos a nenos a nenas maiores de seis anos.  infancia.

Ás 13h terá lugar unha desmostración culinaria acompañada de unha degustación de produtos a cargo da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo.

Ás 13.30 haberá unha actuación musical a cargo de grupo Atlántica e para rematar ás 14.00 unha degustación de produtos.

O longo da mañá terán lugar sorteos de lotes de productos de proximidade.