Skip to main content
Paradela

Paradela celebra a XXVII edición do certame Manuel Oreste

Por 15 Agosto, 2022Agosto 16th, 2022Sin comentarios

O concello de Paradela vén de aprobar as bases para a vixésima oitava edición do certame literario Manuel Oreste Rodríguez López, que contempla as modalidades de narrativa, poesía e Camiño de Santiago.

O prazo de entrega para os relatos permanecerá aberto dende o sábado 1 de outubro ata o 30 de novembro. O xurado, designado polo concello de Paradela, dará a coñecer o seu veredicto no mes de maio do 2023.

Os relatos que se presenten a este concurso, deberán ter unha extensión máxima de 20 folios e os poemas de 100 versos. No apartado de Camiño de Santiago, poderán concorrer tanto obras de narrativa como de poesía.

Haberá un primeiro premio de 1.000 euros en cada unha das tres modalidades. En narrativa e poesía, o segundo clasificado recibirá 500 euros. O xurado reservarase a liberdade de conceder, en cada categoría dous “accésit” e ata dúas mencións de honra como máximo, cunha dotación de 250 euros en cada caso.

ORIXES

O certame Manuel Oreste Rodríguez foi creado polo concello de Paradela no ano 1996 en memoria deste autor ao que se lle deu o título Fillo Predilecto do municipio.

Na súa última edición, este concurso recibiu máis de 900 traballos, na súa maioría remitidos por correo electrónico.

As bases para a participación poden consultarse na páxina dedicada á figura do escritor www.manuelrodriguezlopez.org