Skip to main content
Cultura SARRIAXALáncara

Entrevista: “A idea é que sexa un punto de encontro para tódalas asociacións que hai no entorno”

Por 3 Setembro, 2022Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

Imaxe da casa-museo antes da súa rehabilitación

María Teresa López López, máis coñecida como Marité, impulsora da iniciativa que levou a converter a casa familiar do pai de Fidel Castro en casa-museo

Vostede é a encargada de impulsar este proxecto de converter a casa familiar do pai de Fidel Castro nun museo verdade?

Si, fun a encargada de impulsar este proxecto. Dende hai moitos anos foi unha petición e unha decisión de que loxicamente xa que se recuperara a casa para a familia, que puidese esa casa ser un ben útil dentro do concello e iso é o que se intentou facer.

Cóntenos un pouco cando e como xurdiu esta iniciativa?

Esta iniciativa naceu no ano 1994, logo da visita de Fidel a Láncara e a partir de aí fóronse explorando distintos camiños para levar a cabo a idea. Agora consolidouse coa asociación de amizade Láncara-Cuba no ano 2019 e a partir de aí iniciouse a restauración da casa coa finalidade de convertela en museo.

Que é o que a levou a formar parte do proxecto?

Eu son familia, estiven traballando dende os 18 anos como funcionaria de Cuba en diferentes cargos e a partir de aí, xurde un pouco a idea. Pero principalmente polo vínculo familiar, ese foi o motivo.

Foi moito o tempo que levou realizar este traballo? Cantas persoas se viron implicadas nel?

Non foi tarefa fácil porque loxicamente había moitos elementos conxunturais que había que modificar, criterios, cuestións de orzamentos e lograr acadar o mellor camiño e o máis sólido para que o proxecto puidese funcionar nun futuro.

Víronse implicadas na rehabilitación moitísimas persoas: a oficina do historiador de La Habana, o equipo completo que facilitou os deseños do museo, despois o memorial de Fidel Castro en La Habana que achegou documentación e moito apoio e, por suposto, a asociación que é un elemento fundamental porque sen eles non houbese sido posible levar este proxecto a cabo.

Imaxe da casa-museo antes da súa rehabilitación

Con respecto ao exterior da casa, a súa forma arquitectónica segue sendo a mesma ou realizouse algunha reforma ou modificación?

A casa segue sendo a mesma, interiormente incluso mantén a maior parte da estrutura a excepción do chan. O que antes era a habitación si que se modificou para facer unha sala máis grande para poder ver ou facer reunións nela, eliminouse ese teito. Pero o resto da casa, mantense coa mesma estrutura.

E con respecto ao interior, que podemos ver na casa museo Ángel Castro? 

Cando entras o primeiro que ves é a cociña, que iso mantívose tal e como era coa súa lareira e o seu banco orixinal. O que se modificou son tódalas paredes para poder colocar iconografía e ofrecer a información pertinente do museo que se atopa nos seus inicios.

É un proxecto a máis longo prazo e sobre todo será un pouco o que o pobo necesite ou queira porque a idea é que sexa un punto de encontro para tódalas asociacións que hai no entorno, que son asociacións moi activas y como digo, ofreceúselles esta casa-museo como punto de encontro para as súas actividades.

A entrada é gratuíta? Cales son horarios nos que se pode visitar?

Aínda se está a falar co concello e con diferentes autoridades para que se reúnan este mes e se poida estruturar como vai ser o tema das visitas e as peticións.

De momento non está aberto ao público porque para iso é necesario ter un persoal que de mantemento ao museo e iso ten que acordarse entre diferentes partes.

Como dicía vostede, a figura do pai de Fidel Castro estivo sempre moi vencellada ao municipio de Láncara… verdade?

Si, dende sempre. A casa loxicamente sempre foi moi importante para el por un tema de morriña e de lembranza. A pesar de que ao final, Ángel Castro finou en Cuba e por negocios e cuestións familiares non puido regresar, como era tamén un ben moi querido para os seus outros irmás intentouse rehabilitar como símbolo de todos aqueles sentimentos. É dalgún xeito a forma que ten el de regresar á súa terra, ao sitio onde naceu.

A rehabilitación desta casa familiar sen dúbida supón un punto de inflexión nas relacións que se están a manter co país de Cuba. Pensa que inflúe de maneira positiva?

Si, desde hai moitos anos aínda que non sempre tan visible coma neste momento, sempre houbo moi boa relación por encontrarse aquí esta casa. Agora xa é una relación visible e máis consolidada, que loxicamente ampliarase nun futuro.

Non sei se hai algo que vostede queira resaltar acerca da rehabilitación

Que estamos moi satisfeitos porque por parte de diferentes organismos institucionais da zona apoiaron de xeito económico o proxecto. Diferentes empresas tamén puxeron o seu grao de area porque viron as posibilidades de que isto fora un elemento integrante e de máis coñecemento para o propio concello. A nivel turismo e sobre todo que se volva un elemento de desenvolvemento cultural dentro da zona.

Imaxe da casa-museo antes da súa rehabilitación