O mercado de Nadal viveirense, A Trastenda de Nicomedes, abriu o prazo de inscrición

AMariñaXa
A Asociación Proa publicou as bases para participar no Mercado de Nadal A Trastenda de Nicomedes que se celebrará en Viveiro
a trastenda de nicomedes viveiro 2021 1
a trastenda de nicomedes viveiro 2021 1
24 oct 2022
A Asociación Proa, Asociación Cultural de Viveiro publicou as bases para participar no Mercado de Nadal A Trastenda de Nicomedes que se celebrará en Viveiro do 20 de decembro ao 4 de xaneiro.

O mercado ubícase no Salón Multiusos da Casa do Concello e está organizado pola Asociación Proa, en colaboración co Concello de Viveiro no marco do seu programa de Nadal. 

As solicitudes deberán ser remitidas antes do 13 de novembro a proaviveiro@gmail.com.

Ademais, o mercado contará este ano cun espazo solidario, dedicado á integración social no mundo laboral a cargo de Aspanane, a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro. 

A Trastenda de Nicomedes estará aberta ata o próximo 4 de xaneiro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30. Os días 24 e 31 de decembro, pechará as 20.00 horas e o 25 de decembro e 1 de xaneiro terá un horario especial, de 18.00 a 20.00 horas.