Cancelado o Campionato Galego de Velocidade SUP de Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo acollerá este sábado, 5 de novembro, o Campionato Galego de Velocidade SUP no Encoro de Río Cobo.
cervo campionato galego paddel sup 1
cervo campionato galego paddel sup 1
4 nov 2022

O Concello de Cervo informou da cancelación do Campionato Galego de Velocidade SUP, que se ía celebrar este sábado no Encoro de Río Cobo, por mor das condicións meteorolóxicas.

A cita deportiva, que arrincará ás 10:30 horas,está organizada pola Federación Galega de Surf, en colaboración co Concello de Cervo, o club Deportivo San Ciprián e a Xunta de Galicia.

A proba mixta congregará a uns 60 deportistas nas categorías elite, sub-18, sub-16 e sub-14 que terán que completar un percorrido total de 1000 metros.

Ao remate, está prevista tamén unha proba do circuíto galego de SUP Race que se desenvolverá nun circuíto triangular ao que os deportistas terá que dar 4 voltas, ata completar a distancia de 6 quilómetros. A entrega de trofeos está prevista para as 15:00 horas.

O rexedor, Alfonso Villares, destacou as múltiples posibilidades deportivas que ofrece o Concello de Cervo, e a “versatilidade” do Encoro de Río Cobo que nos permite acoller a primeira proba destas características na provincia.

Pola súa banda, o edil de Deportes, David Rodríguez tamén quixo desexarlle sorte aos participantes e convidar a todos, veciños e visitantes, a que se acheguen nesa xornada ao Encoro de Riocobo e gocen desta competición e dunha contorna de luxo como é a que acolle esta proba”.

cervo campionato galego paddel sup