Mercar no comercio de Burela entre o 4 e o 11 de novembro ten premio

AMariñaXa
Mercar no comercio de Burela entre o 4 e o 11 de novembro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 
1 merca no teu comercio burela
1 merca no teu comercio burela
4 nov 2022

Mercar no comercio de Burela entre o 4 e o 11 de novembro ten premio. En  concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir  mercando no comercio desta vila.

A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a  Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e  Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Comerciantes de  Burela, poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten  premio”.

Así, todos os clientes de Burela que realicen compras no comercio de  proximidade entre o 4 e o 11 de novembro, poden participar no sorteo en directo  destos 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o venres, 4 de novembro, ás  20.30 horas na Praza da Mariña. Previamente, os consumidores deberán canxear os  seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará  dende ás 17.00 horas nesta mesma ubicación.

A campaña Mercar no teu comercio ten premio, busca dinamizar o comercio  de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre outubro  e novembro nun total de 11 localidades da provincia.

merca no teu comercio burela