CD Burela FS e SD Burela colaboran para promover o deporte no municipio

AMariñaXa
CD Burela FS e SD Burela colaboran para promover o deporte no municipio. Os dous clubs presentan un acordo de colaboración
CD Burela FS y SD Burela
CD Burela FS y SD Burela
14 nov 2022

CD Burela FS e SD Burela colaboran conxuntamente para promocionar o Deporte Galego no ámbito escolar e xuvenil, pechando un acordo consistente en que a partir do luns 14 de novembro os nenos e nenas de entre 0 e 14 anos que formen parte dalgún equipo destes dous clubs, poderán acudir de forma gratuíta aos partidos de sendas sociedades. Para elo só terán que presentar en taquilla, previo partido, a licencia de xogador do club ao que pertenzan.

Con esta colaboración os dous clubs burelaos esperan animar tanto á xuventude coma ás familias a participar activamente do deporte da comarca, e máis concretamente a motivar á poboación a colaborar en actividades que promoven tanto o deporte en si mesmo, coma a cooperación e o fomento da boa convivencia, a educación, a igualdade, a saúde e o crecemento social e cultural en xeral da veciñanza de burela.

A presentación do acordo fíxose no campo de A Marosa de Burela con Manuel Blanco e Jairo Campo, presidentes do CD Burela FS e SD Burela respectivamente.