Acia Foz deu a coñecer aos gañadores dos sorteados da campaña 'Este mes compras gratis no comercio'

Foz
AMariñaXa
Xa se coñecen os nomes dos gañadores dos 2.000 euros sorteados hoxe por AciaFozCCA dentro da campaña do mes
campana acia foz compras gratis
campana acia foz compras gratis
5 nov 2022

Xa se coñecen os nomes dos gañadores dos 2.000 euros sorteados por AciaFozCCA dentro da campaña 'Este mes compras gratis no comercio de Foz', que se desenvolveu do 29 de setembro ao 29 de outubro.

As afortunadas con ata 100 euros en vales de compra son para Mª Luisa Orol por unha compra realizada en Alba Vila Centro de Dietética e Nutrición; Yolanda Pedreira en Lourdes Moda Íntima; Rosa Novoa en Ferretería Fuente; Montse Tavares en Electrodomésticos Celso Tien 21; Paloma Sixto en Alain Afflelou Óptico; e Ana Lamas en Chuvia.

Os premiados con 200 euros en vales de compra son José Manuel Martínez por unha compra feita en N1 e Mª José Rivas en Pastelería Anduriña. A premiada con 400 euros en vales de compra foi para Sofía Seijas en Infotec.

As afortunadas e afortunados poderán recoller os seus premios o vindeiro xoves, 10 de novembro, ás 20:15 horas nun acto que se desenvolverá diante do Concello de Foz.

Esta campaña foi organizada por AciaFozCCA e conta co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.

campana acia foz compras gratis1