A Fonsagrada acolle dous cursos a vindeira semana

LugoXa
O concello da Fonsagrada acolle dous cursos, un destina a autodefensa de mulleres e outro sobre conflitos na adolescencia, a vindeira semana
mozos mozas xente nova adolescentes estudantes
mozos mozas xente nova adolescentes estudantes
11 nov 2022

O concello da Fonsagrada acolle dous cursos a vindeira semana. O primeiro unha formación de autodefensa para mulleres ante situacións violentas que terá os días 14 e 15 de novembro. O curso será no ximnasio do IES Fontem Albei en horario de 16.00 a 20.00.

Esta formación ten como obxectivo ensinar ás mulleres participantes técnicas para poder defenderse ante un caso de agresión ou de perigo. Para máis información e realizar a inscrición enviar un correo a tsocial@afonsagrada.org.

O día 15 de novembro o salón de actos do Concello acollerá un obradoiro de problemas de conduta na adolescencia. Esta formación ten como obxectivos mellorar a comprensión das problemáticas máis frecuentes na adolescencia e dotas as familias de habilidades para responder ante os conflitos.

O obradoiro terá un horario de 16.30 a 20.30 e será impartido por José Luis Castro psicólogo sanitario. A inscrición é obrigatoria e poderá facerse nos Servizos Sociais do Concello ou no seguinte enlace.

curso autodefensa fonsagrada