Organizan en Muimenta unha xornada micolóxica para o día 13

TerraChaXa
A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza unha xornada micolóxica que se celebrará durante o domingo 13 de novembro.
xornada micoloxica muimenta portada
xornada micoloxica muimenta portada
8 nov 2022

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza unha xornada micolóxica que se celebrará durante o domingo 13 de novembro no local social do centro médico de Muimenta.

Unha cita que ten coma obxectivo coñecer e identificar os cogomelos da zona, virá guiada por José Castro, membro da Sociedade Micolóxica Lucus.

A sesión terá lugar de 10.00 a 13.00 horas e contará tamén cos aspectos básicos para a identificación de clasificación de cogumelos, principais grupos e especies e sobre as intoxicacións.

As persoas que desexen apuntarse poden facelo na Mercería Teresa antes do 12 de novembro. O curso terá un prezo de 3 euros para persoas non socias porque para os membros do colectivo é gratuíto.

xornada micoloxica muimenta