Cospeito organiza un curso de autodefensa e un concurso polo 25N

TerraChaXa
Con motivo da celebración o 25 de novembro do Día contra a violencia de xénero, o Concello de Cospeito organizou dúas actividades.
concurso imaxes violencia cospeito portada
concurso imaxes violencia cospeito portada
15 nov 2022

Con motivo da celebración o 25 de novembro do Día contra a violencia de xénero, o Concello de Cospeito organizou dúas actividades. Por unha banda haberá un curso de autodefensa para mulleres e, pola outra, convocan o primeiro concurso de imaxes contra a violencia de xénero.

O curso de autodefensa terá lugar entre o 22 e o 29 de novembro de 9.30 a 13.30 horas na antiga cámara agraria da Feira do Monte e está aberta a inscrición, que pode facerse no teléfono 982 520 001 ou no correo servisociais@concellodecospeito.es.

Esta formación, que está dirixida a mulleres para defenderse de situacións violents está ao cargo de especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

CONCURSO DE IMAXES

Por outra banda, este xoves ábrese o prazo para participar no concurso de imaxes organizado polo Concello vinculado ás situacións de violencia. Os participantes poderán aportar debuxos ou fotografías con frases e lemas que se irán subindo ás redes sociais.

O gañador do certame recibirá 120 euros e o resto terán un agasallo. O prazo para participar remata o 25 de novembro e a votación de me gustas será aberta.

Valoraranse aqueles traballos que expoñan situacións sobre sexismo, violencia invisible ou micromachismos, así como outras situacións relacionadas coa violencia de xénero.

Os traballos deberán enviarse a igualdadecospeito@gmail.com indicando nome e apelidos. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. Para o caso de participantes menores de idade, para recibir o premio, o gañador/a estará acompañado/a polo seu pai, nai ou titor.

curso autodefensa cospeito
concurso imaxes violencia cospeito