O CD Goiriz organiza este sábado un magosto na casa escola

TerraChaXa
O CD Goiriz organiza este sábado, 5 de novembro, un magosto ao finalizar o seu duelo contra o Castro B, a partir das 16.30 horas.
futbol goiriz portada
futbol goiriz portada
4 nov 2022

O CD Goiriz organiza este sábado, 5 de novembro, un magosto ao finalizar o seu duelo contra o Castro B, que se desenvolverá a partir das 16.30 horas.

A tradicional castañada terá lugar na casa escola local e nela os asistentes poderán degustar liscos, chourizos, queixo, castañas, pan e viño de balde. Ademais haberá sorteos e outras sorpresas.

A tarde estará animada por unha actuación musical que estará a cargo de Eventec.

futbol goiriz