Aberto o prazo de preinscrición para as actividades do primeiro trimestre do Concello da Fonsagrada

LugoXa

Aberto o prazo de preinscrición nas actividade do primerio trimestre do Concello da Fonsagrada, o prazo de preinscrición estará aberto ata o día 2 de xaneiro en ambos casos e a xestión realizarase soamente por correo electrónico á dirección actividadesfonsagrada@gmail.

27 dic 2022

Aberto o prazo de preinscrición nas actividade do primerio trimestre do Concello da Fonsagrada, o prazo de preinscrición estará aberto ata o día 2 de xaneiro en ambos casos e a xestión realizarase soamente por correo electrónico á dirección actividadesfonsagrada@gmail.com.

Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. A listaxe de admitidos publicarase o 4 de xaneiro na páxina web do Concello da Fonsagrada.

As actividades para adultos nas que poderán inscribirse as persoas interesadas son ioga, pilates, reforma de mobles e clases de bailes de salón e latino. As clases de bailes de salón e latinos serán no antigo IES os martes de 21.30 a 23.00 horas e os docentes serán Teresa e José Manuel. Pilates terá lugar no antigo IES luns e mércores de 19.00 a 20.00 horas e as clases impartiranse a condición de que xunten un número mínimo de 15 persoas.

As clases de ioga serán no mesmo lugar os luns e mércores de 20.15 a 21.15 horas e tamén será necesario un número mínimo de 15 persoas. A actividade de reforma de mobles será na aula verde os sábados de 10.00 a 13.00 horas e serán necesarios un número mínimo de 10 personas. O custo trimestral de material é de 85€ que se abonará directamente ao docente.

Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 4 de xaneiro, as persoas que obtiveron praza deben facer o pago na entidade bancaria Abanca con data límite o 18 de xaneiro de 2023. A tarifa para o trimestre é de 60 euros por persoa. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pago, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pago no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

Para as inscrición ao longo do curso cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado rexistrado nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para finalizar o trimestre.