Skip to main content
BegonteParadela

Os nenos de Paradela visitan o Belén de Begonte

Por 17 Decembro, 2022Sin comentarios

O alumnado do Ceip San Miguel de Paradela visitou o Belén de Begonte dentro dunha viaxe organizada polo centro educativo en colaboración co Concello, dentro das celebracións do bicentenario da institucion municipal.

Despois de presenciar unha sesión do Belén electrónico – que está a celebrar o primeiro medio século da súa existencia – e de visitar o Museo do Belén, alumnos e profesores xuntáronse para unha “foto de familia” ao pé da estatua de Cesar Lorenzana das “botas do camiñante a Begonte”, da que o Alcalde begontino entregou recentemente unha reproducción ao Papa Francisco nunha visita ao Vaticano para invitar á S.S. a visitar Begonte.