Organizan en Muimenta un obradoiro de linguaxe de signos

TerraChaXa

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta impartirá durante este mes de xaneiro un obradoiro sobre linguaxe de signos que leva por título Rompendo barreiras veciñais.

31 dic 2022

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta impartirá durante este mes de xaneiro un obradoiro sobre linguaxe de signos que leva por título Rompendo barreiras veciñais.

Este terá lugar todos os martes e xoves desde o 10 de xaneiro no local social de Muimenta. Faranse dous grupos, de 18.30 a 19.30 horas para crianzas de 6 a 12 anos e de 20.30 a 21.30 para persoas maiores de 13 anos.

A formación estará ao cargo da veciña Maribel, de Alusor Acción Lucense Sordos.

"Aprender vocabulario básico para expresarnos e comprender a LSE para poder comunicarnos coas persoas xordas, é un dos mellores propósitos para empezar o ano", explican dende a asociación que recalcan que "este obradoiro é unha proposta veciñal que nos fixo moita ilusión".