Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

Volve a XXVI Concentración de motos do Valadouro

Por 24 Xaneiro, 2023Xaneiro 25th, 2023Sin comentarios

O Moto Club Valadouro xa publicou o cartel da XXVI Concentración de motos que terá lugar os días 5, 6 e 7 de maio na localidade mariñá.

A xornada do venres 5 comezará ás 18.00 coa apertura das inscricións que contará cunha cervexa de benvida, seguida da pinchada moteira que terá churrasco, tortillas, empanada, chourizo, pan e sobremesa. Acto seguido haberá un concerto a cargo do grupo Rockvival.

O sábado 6 ás 9.00 horas poderase visitar o mercado semanal e ás 11 comezará unha pequena ruta moteira a que seguira un xantar no polideportivo. Pola tarde os nenos poderán desfrutar de inchables gratuítos e dunha exhibición acrobática.

Pola noite os participantes poderán desfrutar da cea e da exhibición acrobática, todo isto amenizado pola orquestra Garibaldi. Xa ás 00.00 fase a gran queimada popular amenizada polo Disco Móbil Decibelios e de novo a orquestra Garibaldi.

O domingo día 7 comezará cun almorzo e unha ruta turística ás 11.00 horas, para despois desfrutar dun xantar de despedida no polideportivo.

Tamén haberá trofeos e sorteos de agasallos para os motoclubs máis numerosos, aos pilotos máis lonxanos, o máis veterano, a bandeira máis orixinal e a Miss ou Mister concetración.

Para poder participar haberá que inscribirse por un prezo de 40 euros para todas as xornadas ou de 30 para media xornada. Estas inclúen camiseta, pin, mochila, pegatina, cervexa de benvida, pinchada do venres, xantar e cea do sábado, queimada, almorzo do domingo, pinchos en ruta, xantar do dominfo, pavillón gratuíto con duchas e os sorteos.

A organización lembra que haberá unha carpa instalada no parque Concepción Arenal. Para máis información haberá que poñerse en contacto nos teléfonos 617 290 629 ou 637 523 636.