O xoves os Reis Magos chegarán a Barreiros para saudar aos pequenos

AMariñaXa

O xoves 5 de xaneiro os Reis Magos chegarán ao Concello de Barreiros para saudar aos pequenos.

3 ene 2023

O xoves 5 de xaneiro os Reis Magos chegarán ao Concello de Barreiros para saudar aos pequenos. Así, pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas as súas maxestades visitarán varias parroquias do Concello.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, farán un percorrido en coches de época pola vila, e á noitiña, ás 20.00 horas, será a recepción oficial no centro sociocultural .

Estes días o Concello de Barreiros colocou un Buzón Real para que as nenas e nenos de Barreiros poidan deixar as súas cartas para as Maxestades de Oriente.

Así que durante as mañás, os nenos barreirense poderanse achegar ata a casa consistorial a deixar as súas peticións para as Súas Maxestades.

Por outra banda, o sábado 7 o coro Airiños do Mar actuará no centro sociocultural ás 19.00 horas. E tamén haberá tempo para o deporte na xornada do domingo 8 de xaneiro, na que se poderá desfrutar da Carreira e andaina solidaria de Reis pola mañá.