A XIII edición da Carreira Popular de Monforte xa ten data de celebración

RibeiraSacraXa

O vindeiro 2 de abril o Concello de Monforte celebrará a Carreira Popular do ano 2023, un evento organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes.

16 ene 2023

O vindeiro 2 de abril o Concello de Monforte celebrará a Carreira Popular do ano 2023, un evento organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes.

Trátase da edición número 13 deste xa tradicional evento, logo de que a pandemia do covid-19 obrigara a suspender a edición dos anos 2020 e 2021 e se puidera recuperar a edición do  ano 2022.

A carreira contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

"Nos vindeiros días, dende o Concello iremos informando convenientemente sobre aspectos relevantes do evento como o inicio das inscricións, o regulamento da proba, protocolos específicos, entre outros aspectos" indicou o Alcalde.

Dende o ano 2022 o Concello de Monforte conta cunha páxina web deseñada especificamente para promocionar e informar sobre a Carreira Popular monfortina, que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscricións nel, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.).