Triacastela contará cunha unidade móbil da ITV o vindeiro mes de febreiro

SarriaXa

Unha unidade móbil da ITV para tractores estará o próximo mes en Triascastela para atender as necesidades dos veciños e realizar inspeccións a vehículos agrícolas.

14 ene 2023

Unha unidade móbil da ITV para tractores estará o próximo mes en Triascastela para atender as necesidades dos veciños e realizar inspeccións a vehículos agrícolas.

Serán os días 10, 13, 14 e 15 cando o servizo de ITV estea na praza do consistorio para revisar a maquinaria dos cidadáns de Triacastela.

Agás o día 10, que só atenderán en horario de mañá, o horario xeral será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

Para poder beneficiarse deste servizo, os veciños poden solicitar cita previa a través do teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web www.stcitv.com.