Representación teatral este sábado en Cospeito

TerraChaXa

Continúan as sesións de teatro afeccionado e nesta ocasión chegarán a Cospeito, onde actuará Borguete Teatro, o grupo da Asociación Cultural e Deportiva de Árbol.

9 ene 2023

Continúan as sesións de teatro afeccionado e nesta ocasión chegarán a Cospeito, onde actuará Borguete Teatro, o grupo da Asociación Cultural e Deportiva de Árbol.

Representarase a obra O Velorio, unha peza adaptada da obra Os cravos de prata, de Nicolás Vela, realizada por Guillermo Cancelo.

A sesión terá lugar ás 17.00 horas do sábado 14 de xaneiro, na casa da cultura da Feira do Monte.