A Cabalgata e o belén vivente porán fin ás celebracións de Nadal en Meira

TerraChaXa

Tras un mes de celebración, Meira porá fin ao seu programa de Nadal por todo o alto e tras desenvolver un programa de actividades que xa se abriu coas actividades de ACEA Meira coa apertura do concurso de decoración.

5 ene 2023

Tras un mes de celebración, Meira porá fin ao seu programa de Nadal por todo o alto e tras desenvolver un programa de actividades que xa se abriu coas actividades de ACEA Meira coa apertura do concurso de decoración.

Así, Meira contou este ano novamente cun belén vivente e coa cabalgata tradicional como actos centrais da celebración das festas de Nadal, organizadas en colaboración coa anpa do colexio e a confraría local.

O belén vivente xa celebrou a primeira das súas representacións os días 25 de decembro e volverá facelo este venres 6 de xaneiro, como todos os anos na igrexa de Santa María  ás 13.00 horas. Formarán parte deste belén unha decena de rapaces do colexio, que encarnarán as diferentes personaxes do nacemento, que volve ter unha temática que unirá a todos, nesta ocasión será a música aproveitando que o próximo ano a Banda Municipal de Música de Meira conmemora o seu vixésimo aniversario.

Ademais, o día 5 de xaneiro terá lugar de nova a cabalgata de Reis, que sairá pola tarde dende a praza do Concello e paseasará polas rúas de Meira ata o pavillón, onde os Reis Magos se sumarán á festa que se organiza para poder recoller as cartas dos pequenos e escoitar as súas peticións.

Como todos os anos, os Reis percorrerán o camiño ata o pavillón sobre as súas carrozas. Participan na organización destes eventos a Confraría Nosa Señora do Pedregal, as anpas do CEIP Avelino Díaz e do IES Pedregal de Irimia ademais do Meira FC xunto ao Concello.