Comeza en Santaballa un ciclo de tres obradoiros para mulleres

TerraChaXa

A Asociación Agarimo de Santaballa, en Vilalba, ten previsto realizar na Liga tres obradoiros, que se desenvolverán os sábados pola mañá a partir deste, 21, co título xenérico de Colleita de Lembranzas.

19 ene 2023

O primeiro será sobre tecnoloxía, para facilitar a vida no que falarase e aprenderán sobre certificados dixitais, facer a compra por internet, videochamadas, etc.

A segunda sesión leva por título A vida conta. O obxectivo é poñer en común como eran as vidas no rural cando eran rapazas, ois costumes, os traballos, etc. Na última sesión falarase das mulleres importantes na vida dos asistentes, para poñelas en valor.

Estes obradoiros serán gratuítos e abertos a todas as mulleres da parroquia e arredores.