A Asociación Vacasan organiza unha charla aberta sobre a normativa sobre explotacións gandeiras en Chantada

RibeiraSacraXa
A Asociación Vasacan organiza unha charla aberta sobre a normativa sobre explotacións gandeiras en Chantada
charla explotacions gandeiras chantada
charla explotacions gandeiras chantada
9 feb 2023

Este xoves, 9 de febreiro, terá lugar unha charla aberta sobre a nova normativa que afecta ás explotacións gandeiras, o plan sanitario e o uso de antibióticos en Chantada.

Baixo o nome ‘Nova normativa relativa á vixilancia do titular da explotación, plan sanitario integral e uso sostible de antibióticos’, terá lugar a partir das 12.00 horas no Auditorio Municipal e durará ata as 13.30 horas.

Esta actividade está organizada por ADSG Vacasan e nela intervirá Gema López Orozco, xefa de área de hixiene da producción primaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Todas as persoas que estean interesadas en asistir a esta charla poderán facelo, sexan ou non socias da asociación Vacasan e de forma gratuíta.

charla explotacions gandeiras chantada