Skip to main content
Axenda CaducadaRibas de Sil

Ribas de Sil acolle unha charla sobre podoloxía no marco do servizo ‘Coidados Porta a Porta’

Por 12 Febreiro, 2023Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

Chega o servizo ‘Coidados Porta a Porta’ a Ribas de Sil, que estará no concello os días 24, 27 e 28 de febreiro en horario de 9.00 horas a 20.00 horas.

Unha unidade Móbil desprazarase para ofrecer os servizos de audioloxía, podoloxía, e estimulación da memoria para todos os maiores de 55 anos na Praza do Concello. 

O día 24 ás 19.00 horas un podólogo impartirá unha charla sobre o ‘Coidado dos pés’ no Salón de actos do concello.

Os servizos son gratuitos, pero hai que pedir cita previa no número de contacto 622 748 283 ou no correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal