As Pontes acolle en abril un concerto de Juno

TerraChaXa
O día 29 de abril actuará no auditorio municipal Cine Alovi das Pontes Juno, no seu Limbo Tour. A actuación está prevista ás 19.30 horas.
CONCERTO JUNO AS PONTES PORTADA
CONCERTO JUNO AS PONTES PORTADA
28 feb 2023

O día 29 de abril actuará no auditorio municipal Cine Alovi das Pontes Juno, no seu Limbo Tour. A actuación está prevista ás 19.30 horas e as entradas xa están á venda.

No anterior disco de Juno, _BCN6262, podíamos observar a cotidianidade dunha parella nunha habitación de hotel. A través das súas cancións observabamos e eramos partícipes das vivencias que contaban Zahara e Martí e que nos achegan a sua intimidade.

Neste segundo disco, juno_BCN747, junito, saen deles mesmos e céntranse no que ven, o mundo que lles rodea. Viaxan a Londres, Ámsterdam, México, Los Ángeles… e froito desas viaxes nacen estas cancións cargadas de desencanto, preguntas sobre a orixe e o futuro dos seres humanos, pero tamén de rabia polos erros dos nosos antepasados.

Todas estas viaxes aparecen nas cancións de juno e _BCN747 pode entenderse así, como un disco no que dúas persoas viaxan e no seu descubrir do mundo sinten cada vez máis que pertencen a ningunha parte.

CONCERTO JUNO AS PONTES