Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Os Cantos de Taberna volven a Ribadeo

Por 10 Marzo, 2023Sin comentarios

As concellerías de Turismo e de Educación de Ribadeo presentaron a VI edición dos Cantos de Taberna, que se desenvolverá o 18 de marzo do 2023 a partir das oito da tarde.

O concelleiro Pablo Vizoso explica que “os cantos de taberna son unha actividade moi tradicional en Ribadeo e noutras vilas de Galicia, que permite recuperar pezas tradicionais coas que tanto nos identificamos e tamén disfrutar dun momento de lecer de forma conxunta ese sábado á noitiña polos establecementos da vila”.

Pablo Vizoso engade que “as bases deste evento están publicadas na páxina web do Concello e nelas recóllese os requirimentos para participar. Os grupos participantes deberán estar formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de maneira visible. A participación neste concurso aumenta este ano o número de grupos, que se incrementa ata 15 ou ata un máximo de 150 persoas en total. Cada grupo ten que percorrer o itinerario que a organización lle indique e polo tanto debe realizar as súas actuacións nos locais de hostalería asignados”.

O edil de Desenvolvemento Local seguiu a relatar: “en canto ao repertorio, por suposto é de libre elección e preferentemente establécese que se compoña de temas populares e tradicionais, incluíndo algunha obra de arraigo ribadense, e poderán libremente ir cambiándoo ao longo do percorrido. E ademais das voces, que loxicamente son necesarias para participar nesta cita, os grupos poden incorporar os instrumentos musicais que consideren oportunos. Ademais cada grupo dispoñerá dunha especie de pasaporte, que deberá selar en cada establecemento e que será o medio de acreditación de ter realizado o percorrido. Por suposto os integrantes de todos os grupos están convidados a unha cea pincheo conxunta que terá lugar ese mesmo sábado ao remate das actuacións”.

Vizoso Galdo tamén explica que “a inscrición nos Cantos de Taberna é gratuíta e débese realizar a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982.128.689. Os grupos participantes deberán achegar a ficha de solicitude, que está dispoñible e pódese descargar dende a páxina web do Concello, en  http://www.ribadeo.gal//. En canto aos establecementos que desexen adherirse para participar neste evento tamén deben poñerse en contacto coa oficina de turismo de Ribadeo, a través do email  turismo@ribadeo.org ou no teléfono 982.128 689. Neste caso deberán enviar as inscricións como moi tarde o 13 de marzo”.

Como en edicións anteriores, os establecementos participantes deberán convidar aos integrantes dos grupos a unha consumición básica: viño corrente, cervexa, refresco ou auga.