Gran implicación na estrea do documental 'Mulleres deportistas na Mariña Lucense'

AMariñaXa
A casa da cultura de Alfoz acolle o vindeiro domingo 16 de abril a estrea do documental Mulleres deportistas na Mariña Lucense.
mulleres deportistas marina documental
mulleres deportistas marina documental
17 abr 2023

Alfoz acolleu a estrea do documental Mulleres deportistas na Mariña Lucense elaborado pola ANPA do Instituto de Educación Secundaria de Alfoz Valadouro.

O documental presentado ten un carácter “innovador “ e comeza pola súa difusión da peza nas salas de cinema. A través del "estase a visualizar a situación da muller galega no deporte", destacaron.

Na elaboración do guión e na produción da peza audiovisual implicouse ao alumnado e a diferentes entidades da Mariña; entre outras, o Observatorio da Mariña pola Igualdade, Mulleres en Igualdade, os concellos de Alfoz e do Valadouro. “Coas súas ideas, remarcou López Abella, amplificaron a mensaxe traballada a prol da igualdade pola comunidade educativa entre a veciñanza e a comarca”, apuntou.

Entre as mulleres deportistas da Mariña atópanse Iria de Luis, árbitro de fútbol sala; Silvia Rubal, campiona da Copa de España e Italia de fútbol sala; Natalia Alonso, campiona do Campionato Galego de Enduro; Andrea de Luis, árbitro asistente de fútbol sala; Nerea Lago, da selección Española de Remo; Rosalñia Veiga, subcampiona de España de Powerlifting e Press; Vanesa Arez, campiona Galega de King Boxing; e Rosalía Rodríguez, atleta, xogadora de baloncesto e presidenta do Club atletismo de Foz.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, referendou o compromiso da Xunta de Galicia para traballar pola igualdade desde idades temperás e incrementar a implicación dos centros na detección precoz das violencias sexual e de xénero e combater as iniquidades por razón de orientación sexual e identidade de xénero. Lembrou que en 2023 a Xunta disporá dun orzamento de 400.000 euros en axudas directas para que as Anpas poidan seguir a traballar en materia de igualdade con iniciativas que, como a de hoxe, poñen o acento na eliminación de todo tipo de violencias e na visibilización de mulleres referentes nos seus ámbitos.