O BNG de Cervo presentou a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais

AMariñaXa
O BNG vén de anunciar como cabeza de lista de Cervo a Diego Fernández Martínez. A formación nacionalista continúa traballando
candidatura cervo 2023
candidatura cervo 2023
16 abr 2023

O BNG presentou a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais do 28 de maio. Son 18 veciños e veciñas comprometidas co futuro do concello desde diversos frentes e sectores. O candidato Diego Fernández Martínez, de Lieiro, traballador de Alúmina, na factoria de Alcoa, actual portavoz municipal na corporacion cervense afirma que o necesario cambio que precisa Cervo tén que vir da  mán do proxecto Bng, un modelo de éxito en moitos concellos xa e co cal Cervo pode e debe impulsar o seu desenvolvemento. “Un concello Bng é sinónimo de respecto polo público, de traballo honesto e honrado, e de toma de decisións valentes pensando no común” asegurou Diego Fernandez.

 O candidato nacionalista estivo arroupado na presentación por diversos cargos do BNG e entre eles polo deputado Daniel Castro que na súa intervención animou aos presentes a traballar por levar a todos os concellos o modelo municipal do BNG que tan bons resultados para a cidadanía está dando xa en moitos municipios da Mariña e do país.

No acto intervíu tamén a candidata número dous Zulema Murado, que presentou aos integrantes da lista que son os seguintes:

  1. Diego Fernández Martínez
  2. Zulema Murado Sánchez
  3. David Angel Villares Sánchez
  4. Sonia Vidal Cervo
  5. Xorxe Caldeiro Díaz
  6. María Pilar González Rey
  7. Eden Vázquez Pillado
  8. Lucía Limeres Pillado
  9. Iban Sánchez Rodríguez
  10. Ana Pampín Fernández
  11. Moisés Teixeira Palmeiro

Suplentes:

  1. Carmen Ventoso Lista
  2. Adrian Cordido Eijo
  3. Tareixa Lorenzo Oroza
  4. Pablo Lourenzo Quatra
  5. Xoan Anton Estua García
  6. María Fernandez Rei
  7. Ramón Luis Bernardo Insua