Os cadros dos 10 alcaldes ribadenses da democracia xa se poden ver no primeiro andar do Pazo de Ibáñez

AMariñaXa
Os cadros dos 10 alcaldes ribadenses da democracia, obra de Concepción Millán, xa se poden ver no primeiro andar do Pazo de Ibáñez.
cadro alcalde ribadeo 2023 imaxes
cadro alcalde ribadeo 2023 imaxes
22 abr 2023

Os cadros dos 10 alcaldes ribadenses da democracia, obra de Concepción Millán, xa se poden ver no primeiro andar do Pazo de Ibáñez. Ex rexedores, familiares de ex alcaldes e o actual mandatario local, Fernando Suárez, descubriron esta tarde as imaxes.

Antes desenvolveuse un acto no salón de plenos do Concello no que Suárez Barcia dixo que “vivimos nunha sociedade que cada vez é mais individualista, e que parece que cada cousa que se fai é por un interese persoal. Digo que parece, pero realmente e, afortunadamente, non é así”.

O alcalde subliñou que “o mundo está cheo de xente boa, homes e mulleres que se senten ben dando, compartindo e traballando polo ben común. Sen buscar nada a cambio. Aquí temos hoxe un fermoso exemplo. Concepción Millán, Conchi e unha persoa moi vencellada a Ribadeo por motivos familiares e, aínda sendo orixinaria doutras latitudes, sabemos que leva a Ribadeo na cabeza e no corazón desde hai moitos anos. Conchi foi unha profesional da medicina durante a súa vida laboral, e tamén nos seus tempos libres cultivou outras afeccións como a pintura. E agora nesta nova etapa da súa vida, quixo conxugar estas dúas facetas que a caracterizan: a paixón pola pintura e o seu altruísmo”.

Rexedores desde 1979

1- MARIO MEIRA GONZÁLEZ  1979-1980

2.-JOSÉ FOJO BARCIA 1980-1981

3.-ANTONIO MARTÍNEZ LOPEZ 1981-1983

4.- JAIME VIDAURRAZAGA URBIETA 1983

5.- JOSÉ RAMÓN COCIÑA GARCÍA 1983-1985

6.- JOSE LUIS TRASHORRAS MÉNDEZ 1985-1987

7.- EDUARDO GUTIERREZ FERNÁNDEZ 1987-1995

8.-JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ ANDINA 1995-2003

9.-BALBINO PEREZ VACAS 2003-2007

10.-FERNANDO SUÁREZ BARCIA 2007-2023

cadro alcalde ribadeo 2023 imaxes 1