Pilar Bellón presenta a candidatura ao completo do BNG do Corgo

LugoXa
Pilar Bellón deu a coñecer as persoas que conforman a candidatura do Bloque para as vindeiras eleccións municipais nun acto público
premio candidatura bng o corgo
premio candidatura bng o corgo
22 abr 2023

O Bloque Nacionalista Galego no Corgo deu a coñecer a candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio nun acto público no centro sociocultural, o que contou coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía do Corgo, Pilar Bellón e a deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira.

Pilar Bellón deu conta das 15 persoas que integran a candidatura nacionalista, a que destacou “estas mulleres e homes cheas de ilusión e convencidas das potencialidades deste concello saen a por todas este 28 de maio, O Corgo precisa xirar de dirección cara un proxecto preparado para acadar un goberno municipal disposto a gañar todo, a contar cun concello vivo”.

Neste senso, a candidata nacionalista contou con novas incorporacións “cada día máis xente súmase ao BNG, xa que somos a única alternativa para poder avanzar; xente como Pablo Abuín, un mestre comprometido con este concello e que ten como referencia que no rural pode estar todo o que a xente moza precisa para desenvolver unha vida plena, ou Senén Díaz, un veterinario que quere ver como O Corgo se converte nun exemplo de boa xestión e de impulso da actividade agrogandeira, e de igual modo, Manuel Villanueva un horticultor que volver a sumar co BNG porque quere un concello máis xusto e dinámico”.

Ademais, Pilar Bellón destacou que a candidatura do BNG “estamos preparados para liderar o vindeiro goberno municipal, cun proxecto capaz de desenvolver un traballo positivo para a veciñanza, gañando máis benestar e sempre desde a boa xestión, o rigor, a coherencia e o traballo incansábel”.

Candidatura do BNG no Corgo:

  1. Pilar Bellón Candal
  2. Pablo Abuín Cedrón
  3. María Abuín Sanfiz
  4. María Consuelo Vázquez Castro
  5. Mario Outeiro Iglesias
  6. Sonia Rodríguez Páramo
  7. Senén Díaz Prado
  8. Héctor Vivero Álvarez
  9. Sandra López Álvarez
  10. Manuel Fernández López
  11. Jorge José Rodríguez Lozano

Suplentes:

  • María Concepción Cruz Pallares
  • José Luís Díaz López
  • María do Carme Vázquez Vázquez
  • Manuel Villanueva Gómez