Emilia Fernández Seijo é a cuarta na lista do PSOE de Láncara

SarriaXa
Emilia Fernández Seijo é a cuarta na lista do PSOE de Láncara e xa foron presentando aos demais candidatos estes días
Emilia Fernandez PSOE Lancara
Emilia Fernandez PSOE Lancara
18 abr 2023

O PSOE de Láncara vén de presentar a súa cuarta candidata para as vindeiras eleccións do 28 de maio, que é Emilia Fernández Seijo.

Estes días xa foron desvelando nomes como o de José Manuel García, o terceiro na lista do PSOE de Láncara, así como o segundo, que lle corresponde a Miguel Fernández.

De Emilia din desde o seu partido que "aporta moita alegría e frescura ao goberno municipal, xa que ten sempre boa cara e boa actitude". Así, sosteñen que "é todo un exemplo a seguir".

Ademais, resaltan dela que é "unha traballadora incansable, sempre disposta a colaborar e moi preocupada polos seus veciños e veciñas".

Por último, explican que Emilia Fernández Seijo está plenamente convencida de que o proxecto que se iniciou no anterior mandato é o que máis se parece a Láncara.

Emilia Fernandez PSOE Lancara